Lembran a grave situación para os gandeiros, cun incremento do 100% dos ataques entre 2015 e 2017
Santiago de Compostela, 20 de xuño. Este mércores 20 de xuño membros do grupo O-Xan presentaron a todos os grupos do Parlamento de Galicia o resultado de tres anos de reunións, intercambio de información e diálogo construtivo entre gandeiros, organizacións ecoloxistas e asociacións de cazadores para acadar unha visión xeral e unhas propostas definidas para a xestión sustentable do lobo en Galicia.
A situación actual é grave, cun incremento do 100% no número de ataques ao gando en só dous anos, e compre tomar cartas no asunto e traballar para reducir os ataques e a conflitividade.
Hai máis de ano e medio que O-Xan presentou varias propostas á Consellería de Medio Ambiente que non foron atendidas e esta segue a priorizar unicamente os pagos por danos cando estase demostrando que non reduce o problema e incrementa os custes para a administración. Esta estratexia xa se seguiu noutras comunidades cun claro fracaso a medio prazo.
Neste sentido, defenden que é necesario o desenvolvemento completo do Plan de Xestión do Lobo en Galicia, pois as medidas non poden quedar en pagar os danos (que van en aumento) e empregar remanentes (se os hai) para pagar pastores eléctricos aos gandeiros.
VER DOCUMENTO: EVOLUCION DANOS ATAQUES LOBO GALICIA 2010 2017
VER DOCUMENTO: EVOLUCION DANOS ATAQUES LOBO GALICIA 2010 2017