Formulario de queixas: VALEDOR
DO POBO DE GALICIA
CONTRA QUE ÓRGANO DA ADMINISTRACIÓN DA COMUNIDADE
AUTÓNOMA, CONCELLO, ENTIDADE OU EMPRESA PÚBLICA DESEXA PRESENTAR QUEIXA?: Dirección Xeral de
Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
CAL É O MOTIVO DA SÚA QUEIXA? POR FAVOR, DESCRÍBAA COA
MAIOR PRECISIÓN POSIBLE: A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do
Territorio publicou a ORDE do 4 de agosto de 2017 pola que se establecen as
bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan
determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2017.
Os expedientes de axudas empezaron a resolverse no mes de
decembro de 2017, cuns prazos moi reducidos de tempo para achegar a
documentación xustificativa, chegándose ao extremo de resolver incluso algúns
deles o xoves 21/12/2017, saír do rexistro da Consellería o venres 22/12/2017
ás 10:07 horas e marcar como data tope para presentar a documentación o martes
26/12/2017; é dicir, ao día seguinte do día de nadal. Esta mala praxe por parte
da Administración levou aos beneficiarios das axudas a non poder xustificalas
no prazo marcado, polo que cremos que se está vulnerando claramente os dereitos
dos cidadáns e ademais, actúase contrariamente aos principios xerais que
establece o “Artigo 5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia: 2. A xestión das subvencións a
que se refire a presente lei realizarase de acordo cos seguintes principios: a)
Publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non
discriminación. b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola
administración otorgante. c) Eficiencia na asignación e utilización dos
recursos públicos.”
Se ademais temos en conta que este tipo de axudas céntranse
principalmente en dotar aos gandeiros de medidas para previr os ataques dos
lobos, e que o Decreto 297/2008, do 30 de decembro,polo que se aproba o Plan de
xestión do lobo en Galicia marca entre os seus obxectivos: “Punto 5.c)
Minimizar a conflitividade xerada polos danos que ocasionan os lobos sobre o
gando, mediante incentivos económicos e asesoramento técnico axeitado para a
aplicación de métodos de prevención de danos.”
E que ademáis di o seguinte: “Punto 20.-Prevención de danos ao
gando. 1. A
dirección xeral competente en materia de conservación da natureza e a Dirección
Xeral de Produción e Sanidade Agropecuaria, en colaboración, fomentarán a
adopción por parte das/os gandeiras/ os de medidas preventivas para evitar os
ataques dos lobos nas explotacións gandeiras. Para estes efectos,
estableceranse axudas destinadas a fomentar o uso de mastíns, a colocación de
valados electrificados, liñas de bandeiras e o reforzamento das instalacións
(currais, naves, etc.).”
É máis que evidente que a propia Administración está a actuar
contrariamente a todos estes principios e obxectivos, non sendo esta a primeira
vez que pasa, polo que elevamos esta queixa e convidámola a que solicite á
Dirección Xeral de Patromonio Natural unha relación dos expedientes aprobados
na que se indique, detalladamente para cada unha deles, a data de saída do
rexistro da Xunta de Galicia e a correspondente data límite para entregar a
documentación xustificativa. Xa que entendemos que desta forma poderase ver de
forma máis evidente o motivo da nosa queixa.
É indignante que a Administración non se tome máis en serio este
asunto e que faga un manexo tan irresponsable dos tempos de xustificación das
axudas, o que leva despois a que unha porcentaxe das mesmas queden sen
xustificar e pérdanse. Queixa que elevamos porque consideramos que é de
xustiza.
FIXO ALGUNHA RECLAMACIÓN OU INTERPUXO ALGÚN RECURSO CONTRA
A ACTUACIÓN DESCRITA ANTERIORMENTE?: Non
ALGÚN XULGADO OU TRIBUNAL DITOU SENTENCIA OU TEN EN
TRÁMITE ALGÚN PROCEDEMENTO CONTRA A ACTUACIÓN A QUE SE REFIRE A QUEIXA?: Non
RECLAMOU POR ESTE MESMO ASUNTO ANTE OUTRA DEFENSORÍA
AUTONÓMICA OU ANTE O DEFENSOR DEL PUEBLO?: Non
POÑA AQUÍ CALQUEIRA OUTRO DATO QUE CONSIDERE DE INTERESE
PARA O ESTUDO DO SEU PROBLEMA. : Esta reclamación faise polo Secretario de UNITEGA (UNIÓN
DE TECORES DE GALICIA), que forma parte de O-XAN – Grupo de opinión sobre a
xestión do lobo en Galicia