O-Xan, o grupo de opinión para a xestión dialogada do lobo en Galicia, presenta o seu blog, unha ferramenta a disposición de todos para difundir as nosas opinións, froito do debate de toda a xente que participa nel.

25/8/17

O-Xan considera “urxente” mellorar as axudas para a prevención dos danos do lobo

O colectivo, que agrupa a asociacións de gandeiros, sindicatos agrarios, cazadores, entidades ambientais e investigadores, amósase satisfeito de que a Xunta volva a convocar as axudas á prevención, pero considera que non se tiveron en conta a maioría das súas propostas.

O-Xan (Grupo de Debate e Opinión sobre a xestión do lobo en Galicia), valora positivamente a convocatoria de axudas para á prevención de ataques ao gando. Por segundo ano consecutivo se recuperaron estas axudas, que son a principal medida para compatibilizar a presenza do lobo coa gandería extensiva.

Segundo este grupo, os aspectos positivos desta orde de axudas son “a súa convocatoria regular ano tras ano cun importante orzamento de 180.000 euros, así como a inclusión da raza Mastín do Pirineo como can de garda, unha raza de can moloso empregada na defensa do gando e orixinaria de Aragón.

O-Xan tamén valora que “se melloran os criterios de prioridade, dando unha alta puntuación aos gandeiros que sufriron ataques nos seus rabaños nos últimos anos, así como priorizando a implantación de medidas de prevención nos rabaños maiores e nos de gando ovino e cabrún, os máis afectados polos ataques do lobo”.

Do mesmo xeito, valora positivamente que se corrixiran erros na descrición das características técnicas dos pastores eléctricos e se ampliaron as axudas a aqueles conectados á rede eléctrica e os que están alimentados só por baterías (mantendo os de placa fotovoltaica).

Sen embargo, dende O-Xan consideran que malia estes avances na redacción das axudas “aínda queda moito por facer”.

En concreto, critican que “a maior parte das propostas de mellora para a convocatoria destas axudas, que lle presentamos directamente no mes de abril nunha reunión coa Directora Xeral de Patrimonio Natural, non se tiveron en conta”.

Propostas de mellora 

Estas propostas, que segundo o colectivo “son imprescindibles para que estas axudas sexan eficaces na prevención dos ataques do lobo ao gando”, son as seguintes:

1- “Para unha correcta planificación das solicitudes de axuda deberían terse publicado a comezos de ano e permitir a solicitude das mesmas durante varios meses para non condicionar a realización dos investimentos por parte do peticionario a un período reducido de tempo, que non ten porque axustarse ás súas necesidades temporais reais. Novamente o principal motivo é a planificación nas explotacións da implantación das medidas preventivas, xa que ademais Agosto non é o mellor mes para realizar trámites administrativos”.

2- “Cómpre engadir outros investimentos que agora non están contemplados e que son imprescindibles para a protección do gando como son os peches fixos con malla ovelleira e arames electrificados (este investimento estaba contemplado na orde de axudas de 2012 e, aínda que se nos asegurou a súa inclusión en 2017, non entendemos que non estea contemplado). A redución dos métodos de prevención que presenta esta convocatoria de axudas (en comparación a última de 2012) preocúpanos na medida en que estase a esquecer un elemento fundamental no sistema de prevención de ataques de lobo, os peches fixos”.

3- “En canto aos investimentos asignados a cans de garda e protección, non compartimos a inclusión de razas de pastoreo ou “careo” como son o Carea Leonés ou o Can de Palleiro. Consideramos que estas son razas de pastoreo que serven para guiar o gando e non para protexelo. Sendo estas unhas razas importantes no manexo do gando, non son cans de protección contra os ataques do lobo nin se poden deixar co gando sen a presenza do gandeiro/a”.

Por norma xeral, a Federación Cinolóxica Internacional, clasifica as razas de cans en función das súas características morfolóxicas que, tradicionalmente, se seleccionaron para diferentes usos. No grupo I temos os Cans pastor e cans boieros, entre os que se inclúen o Pastor Alemán, o Husky Siberiano, o Pastor Belga, o Border Collie e o Pastor Leonés e o Can de Palleiro. Estas razas empréganse para a guía do gando baseando a súa función no medo que ten o gando ao “ataque simulado” e dirixido polo gandeiro do can. Son razas con gran obediencia, axilidade e de gran utilidade tanto en traballos de pastoreo como en concursos de Agility.

Polo tanto non ten ningún sentido, apostar polo financiamento público destas razas de cans de manexo dentro da liña de protección do gando, porque non están a cumprir co obxectivo último da orde de axudas e ao mesmo tempo se lle reduce asignación de recursos a outros investimentos de eficacia contrastada, polo que o efecto é dobremente negativo. Neste senso, sería máis razoable recuperar liñas retiradas no seu día para a cría e reparto de cadelos de razas de garda como o mastín leonés e fomentar a difusión e formación entre os gandeiros destas medidas”.Por outra banda, a FCI clasifica no grupo II as razas Molosas e cans de montaña. Neste caso son cans de grande tamaño empregados para a defensa, non para o ataque. Son razas como o Mastín Español (tamén dito Mastín Leonés, en Galicia), o Mastín dos Pirineos, o Montaña de los Pirineos (ou Gran Pirieo), o Can de Castro Laboreiro (en Portugal) entre moitas outras. Estas son razas de cans de cabeza grande e orellas caídas. Entre elas, os Mastíns son razas afables e tranquilas co gando e coa xente coñecida, pero defensores do seu rabaño diante dos animais salvaxes ou de xente estraña.

Dende O-Xan tamén consideran primordial a inclusión dos custes de mantemento dos cans de garda (alimentación, sanidade, etc…) xa que constitúen un atranco á hora da súa implantación.

Por último dende O-Xan aseguran que solicitarán formalmente unha reunión urxente coa Conselleira de Medio Ambiente para trasladar as súas propostas e tratar de seguir mellorando esta liña de axudas.




O-Xan considera “urgente” mejorar las ayudas para la prevención de los daños del lobo

El colectivo, que agrupa a asociaciones de ganaderos, sindicatos agrarios, cazadores, entidades ambientales e investigadores, se muestra satisfecho de que la Xunta vuelva a convocar las ayudas a la prevención, pero considera que no se tuvieron en cuenta la mayoría de sus propuestas.

O-Xan (Grupo de Debate y Opinión sobre la gestión del lobo en Galicia), valora positivamente la convocatoria de ayudas para la prevención de ataques al ganado. Por segundo año consecutivo se recuperaron estas ayudas, que son la principal medida para compatibilizar la presencia del lobo con la ganadería extensiva.

Según este grupo, los aspectos positivos de esta orden de ayudas son “su convocatoria regular año tras año con un importante presupuesto de 180.000 euros, así como la inclusión de la raza Mastín del Pirineo como perro de guardia, una raza de perro moloso empleada en la defensa del ganado y originaria de Aragón”.

O-Xan también valora que “se mejoran los criterios de prioridad, dando una alta puntuación a los ganaderos que sufrieron ataques en sus rebaños en los últimos años, así como priorizando la implantación de medidas de prevención en los rebaños mayores y en los de ganado ovino y caprino, los más afectados por los ataques del lobo”.

Del mismo modo, valora positivamente que se corrigiesen errores en la descripción de las características técnicas de los pastores eléctricos y se ampliaran las ayudas a aquellos conectados a la red eléctrica y los que están alimentados sólo por baterías (manteniendo los de placa fotovoltaica).

Propuestas de mejora:

Sin embargo, desde O-Xan consideran que a pesar de estos avances en la redacción de las ayudas “aún queda mucho por hacer”.

En concreto, critican que “la mayor parte de las propuestas de mejora para la convocatoria de estas ayudas, que le presentamos directamente en el mes de abril en una reunión con la Directora General de Patrimonio Natural, no se tuvieron en cuenta”.

Estas propuestas, que según el colectivo “son imprescindibles para que estas ayudas sean eficaces en la prevención de los ataques del lobo al ganado”, son las siguientes:

1- “Para una correcta planificación de las solicitudes de ayuda deberían haberse publicado a comienzos de año y permitir la solicitud de las mismas durante varios meses para no condicionar la realización de las inversiones por parte del peticionario a un período reducido de tiempo, que no tiene porque ajustarse a sus necesidades temporales reales. Nuevamente el principal motivo es la planificación en las explotaciones de la implantación de las medidas preventivas, ya que además Agosto no es el mejor mes para realizar trámites administrativos”.

2- “Hace falta añadir otras inversiones que ahora no están contemplados y que son imprescindibles para la protección del ganado como son los cierres fijos con malla ovejera y alambres electrificados (esta inversión estaba contemplado en la orden de ayudas de 2012 y, aunque se nos aseguró su inclusión en 2017, no entendemos que no esté contemplado). La reducción de los métodos de prevención que presenta esta convocatoria de ayudas (en comparación a última de 2012) los preocupan en la medida en que se está olvidando un elemento fundamental en el sistema de prevención de ataques de lobo, los cierres fijos”.

3- “En cuanto a las inversiones asignadas a perros de guarda y protección, no compartimos la inclusión de razas de pastoreo o “careo” como son el Carea Leonés o el Can de Palleiro. Consideramos que estas son razas de pastoreo que sirven para guiar el ganado y no para protegerlo. Siendo estas unas razas importantes en el manejo del ganado, no son perros de protección contra los ataques del lobo ni se pueden dejar con el ganado sin la presencia del ganadero/a”.

“Por lo tanto no tiene ningún sentido, apostar por la financiación pública de estas razas de perros de manejo dentro de la línea de protección del ganado, porque no están cumpliendo con el objetivo último de la orden de ayudas y al mismo tiempo se le reduce asignación de recursos la otras inversiones de eficacia contrastada, por lo que el efecto es doblemente negativo. En este sentido, sería más razonable recuperar líneas retiradas en su día para la cría y reparto de cachorros de razas de guardia como el mastín leonés y fomentar la difusión y formación entre los ganaderos de estas medidas”.

Desde O-Xan también consideran primordial a inclusión de los costes de mantenimiento de los perros de guardia (alimentación, sanidad, etc…) ya que constituyen un obstáculo a la hora de su implantación.

Por último desde O-Xan aseguran que solicitarán formalmente una reunión urgente con la Conselleira de Medio Ambiente para trasladar sus propuestas y tratar de seguir mejorando esta línea de ayudas.