O-Xan, o grupo de opinión para a xestión dialogada do lobo en Galicia, presenta o seu blog, unha ferramenta a disposición de todos para difundir as nosas opinións, froito do debate de toda a xente que participa nel.

27/2/17

O-Xan solicitou unha reunión coa Conselleira de Medio Ambiente


Os colectivos que integran O-Xan, que representan a máis de 30.000 interesados, solicitaron unha reunión coa Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, para presentarse oficialmente como grupo de opinión sobre a xestión do lobo en Galicia, constituído co obxectivo de fomentar o diálogo para minimizar a conflitividade social e favorecer os acordos a favor da coexistencia entre o lobo e a sociedade galega, así como propoñer, debater e estudar medidas para unha correcta xestión desta especie.

Ademais, desde O-Xan quérese coñecer de primeira man, o alcance que se pretende dar este ano á revisión dos baremos das indemnizacións por danos do lobo no gando para incrementar o importe que se lle paga aos gandeiros; e que foi anunciado recentemente pola Directora Xeral de Patrimonio Natural, así como as axudas á prevención de ataques, tan necesarias para a redución da conflitividade.

Quérese solicitar tamén á Consellería que se habilite un sistema de comunicación de ataques a cans utilizados nas explotacións gandeiras, na actividade cinexética ou como animais de compañía. A efectos de ter datos do alcance real deste tipo de danos que tanta alarma social crean ultimamente nos medios de comunicación e nas redes sociais.

Para finalizar, vai trasladar a Beatriz Mato unha invitación para que o Grupo de opinión O-Xan conte tamén entre os seus membros cun representante permanente da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, co obxectivo de que sexa participe dos diálogos e análises que se fan nas reunións que periodicamente celebra O-Xan. O que sen dúbida sería unha útil ferramenta para conseguir minimizar a conflitividade social e avanzar nunha correcta xestión desta especie que forma parte do noso patrimonio natural.



O-Xan solicitó una reunión con la Conselleira de Medio Ambiente

Los colectivos que integran O-Xan, que representan a más de 30.000 interesados, solicitaron una reunión con la Conselleira de Medio Ambiente y Ordenación del Territorio, Beatriz Mato, para presentarse oficialmente como grupo de opinión sobre la gestión del lobo en Galicia, constituido con el objetivo de fomentar el diálogo para minimizar la conflictividad social y favorecer los acuerdos a favor de la coexistencia entre el lobo y la sociedad gallega, así como proponer, debatir y estudiar medidas para una correcta gestión de esta especie.

Además, desde O-Xan se quiere conocer de primera mano, el alcance que se pretende dar este año a la revisión de los baremos de las indemnizaciones por daños del lobo en el ganado para incrementar el importe que se le paga a los ganaderos; y que fue anunciado recientemente por la Directora Xeral de Patrimonio Natural, así como las ayudas a la prevención de ataques, tan necesarias para la reducción de la conflictividad.

Se quiere solicitar también a la Consellería que se habilite un sistema de comunicación de ataques a perros utilizados en las explotaciones ganaderas, en la actividad cinegética o como animales de compañía. A efectos de tener datos del alcance real de este tipo de daños que tanta alarma social crean últimamente en los medios de comunicación y en las redes sociales.

Para finalizar, va a trasladar a Beatriz Mato una invitación para que el Grupo de opinión O-Xan cuente también entre sus miembros con un representante permanente de la Dirección Xeral de Patrimonio Natural, con el objetivo de que sea participe de los diálogos y análisis que se hacen en las reuniones que periódicamente celebra O-Xan. Lo que sin duda sería una útil herramienta para conseguir minimizar la conflictividad social y avanzar en una correcta gestión de esta especie que forma parte de nuestro patrimonio natural.